Ferreiro recibe no salón de plenos a alumnado dos colexios Jorge Juan e A Solaina

Alumnado de sexto curso de educación Primaria dos colexios Jorge Juan e A Solaina visitaron, respectivamente o luns e este martes 20, o Concello de Narón no marco do programa de visitas de coñecemento da administración local impulsado dende o Consistorio.

En total, preto de medio cento de menores, de entre 11 e 12 anos, participaron nesta iniciativa e visitaron dependencias municipais como o salón de plenos, onde foron recibidos pola alcaldesa, Marián Ferreiro.

A rexedora local respostou ás preguntas que lle formularon as rapazas e rapaces, sobre o traballo diario no Concello, o seu primeiro contacto coa política municipal, proxectos en marcha na cidade… e intercambiaron opinións sobre determinadas propostas de futuro.

Os escolares foron recibidos na planta baixa, onde respostaron a unha serie de preguntas interactivas sobre o lugar no que se atopaban. Rematado o encontro o grupo, que tamén visionou un vídeo didáctico sobre Narón, recibiu de mans da alcaldesa uns agasallos institucionais.

Ferreiro agradeceulles a visita ao Concello, ao igual que a do persoal docente que os acompañaba, e sacou unha fotografía de grupo en recordo desta actividade

Lea también

Aberto en Narón o prazo de inscrición do programa Informática Divertida (INDI)

O Concello de Narón abre o vindeiro luns, 2 de decembro -e ata o día …