Fene acolle unha nova sesión de Contando Ciencia

“Teño cancro, pode ser hereditario?» é o tema da nova sesión de Contando Ciencia. O ciclo que organiza a biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da concellería de Ensino trae esta semana a Fene á doutora en Medicina Begoña Graña Suárez.

A conferencia da especialista en Oncoloxía Médica terá lugar este xoves 22 de febreiro, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene), con entrada libre e de balde até completar o aforo.

Begoña Graña Suárez especializouse en Oncoloxía Médica (MIR) no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago . Durante a súa formación clínica e investigadora, a Dra. Graña realizou estancias en centros internacionais de tratamento, estudo e investigación do cancro coma o Memorial Sloan Kettering Cancer Center de Nueva York e o MD Anderson Cancer Center de Houston-Texas.

Coordinou a unidade de alto risco en cancro e asesoramento xenético do Instituto Catalán de Oncoloxía (ICO) na súa sé de Girona e traballou na unidade de cancro familiar do Hospital Universitario Vall d’Hebron de Barcelona.

Desde o ano 2008 é facultativa especialista estatutaria do Servizo Galego de Saúde, traballando durante 5 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Desde o 2014 traballa no Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

A súaactividade clínica e investigadora está centrada na atención de pacientes afectos de cancro hereditario, así como de aqueles diagnosticados de cancro gastrointestinal. Apaixoada da ciencia e a literatura, no ano 2020 gaña o XVII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez e, recentemente, a mención de honra da XXVIII Edición do Certame Manuel Oreste Rodríguez López pola súa colección de poemas Lethoeus.

Trala conferecia deste xoves, a seguinte cita de Contando Ciencia será o xoves 14 de marzo e a protagonista será, nesa ocasión, a doutora en Medicina Mª Mar Tomás, que falará sobre a Innovación para vencer a resistencia antimicrobiana.

Lea también

Mugardos informa sobre los trabajos en curso para restablecer la iluminación afectada por los temporales

El Concello de Mugardos informa que continúa realizando intervenciones en distintos puntos del municipio para …