Finalizadas en Pontedeume as obras do novo aparcadoiro do CEIP Andrade

O Concello de Pontedeume informa aos seus veciños do remate das obras de construción do novo aparcadoiro no CEIP Andrade, nunha parcela adquirida polo Goberno local no anterior mandato.

O investimento nos traballos rondou os 30.000 euros e o novo aparcadoiro dará servizo á comunidade educativa do centro e a todas as familias.

O Goberno local continúa así impulsando melloras que repercuten nas instalacións educativas do municipio, que dependen non obstante da Xunta de Galicia.

Neste sentido, o Goberno local recorda ás múltiples reclamacións realizadas ao Goberno autonómico para mellorar a educación pública na vila eumesa, entre elas realizar investimentos nos centros eumeses como un patio cuberto no CEIP Andrade e revisar as deficiencias no transporte público escolar.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …