Narón acolle unha xornada de “Iniciación ao mergullo”

A Piscina do complexo polideportivo municipal da Gándara (Narón) acolle o domingo 18 de febreiro unha xornada de “Iniciación ao mergullo” organizada polo Concello de Narón, en colaboración co clube Náutico Narón e o Club do Mar de Ferrol encargado de impartir os devanditos coñecementos.

Requistos, información e inscricións:

Persoas maiores de 12 anos que saiban nadar e avanzou que se poden inscribir ata o día 15 deste mes nas oficinas do Padroado de Deportes, na Gándara, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas.

O prezo da inscrición é de cinco euros por persoa e os participantes dividiranse en grupos reducidos, de seis persoas. Aconséllase que a maiores do bañador, gorro e chanclas, as persoas que vaian realizar a xornada leven tamén unha toalla.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas e durante a mesma, tal e como indicou García, os participantes recibirán unha serie de explicacións teóricas para a continuación pasar meterse na piscina da Gándara durante uns 15 ou 20 minutos, e realizar largos mergullando.

Dende o Concello e o Náutico Narón animaron á cidadanía a sumarse a esta actividade, que se convoca por vez primeira na cidade e que se concibe a modo de “bautismo”. O obxectivo, segundo apuntaron dende o Club do Mar de Ferrol, é que a xente que realice a xornada “perda o medo a mergullarse”.

Lea también

El Club de Remo de Ares inició una nueva aventura en la Liga Eusko Label

Jorge Martínez–El domingo 28 tuvo lugar la primera de las 19 regatas que componen la …