Gastronomía, música e festa infantil en Entroido da Agrupación Instrutiva Caamouco

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC vivirá por todo o alto o Entroido 2024. A Sociedade deseñou unha completa programación, na que a gastronomía e a troula para todas as idades son as protagonistas.

A primeira das xornadas terá lugar o venres 23 de febreiro. Á noite, a partir das 21:00 horas, a Agrupación ofrecerá unha cea de Entroido, cun completo menú típico destas datas, composto por sopa, cocido completo con grelos, pan, viño de Barrantes, torrijas, café e chupito.  O número máximo de comensais é de 60, por orde de inscrición a través do teléfono 616 74 02 05.

O prezo para socios é de 27 euros e para non socios de 30 euros. Para a rapazada (ata 12 anos) o menú infantil terá un prezo de 12 euros. Unha vez realizada a reserva pódese anular ata 72 horas antes da cea. Se non se anulou nese prazo e non se asiste, deberase abonar o importe. Ademais, tanto antes como durante a comida, estará dispoñible un servizo de barra con outro tipo de bebidas, non incluídas no menú.

A partir das 23:00 horas arrancará o baile de entroido amenizado por Vanesa Ramil. Trátase dunha proposta aberta a todo o mundo. Durante a actuación estará dispoñible tamén o servizo de cafetería.

Ao día seguinte, o sábado 24, a festa continúa co baile de disfraces infantil. Será a partir das 17:00 horas, cunha proposta que mestura música e diversos xogos da man dos monitores de Fiestoke.

Ademais, a Agrupación sorteará unha cesta con produtos típicos de Nadal. O sorteo, de carácter non presencial, terá lugar ao remate do baile infantil, dando a coñecer a papeleta gañadora a través das redes sociais da Agrupación, dispoñendo dun prazo de 15 días para recoller o premio.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …