A campioa olímpica en salto de altura Ruth Beitia, visita Ourense

 
A campioa olimpica en salto de altura Ruth Beitia, visita este mércores 14 a cidade de Ourense na que estará realizando unha visita polas escolas de atletismo da cidade e as súas contornas.
 
A cita enmárcase dentro das accións de promoción do Campionato de España de Atletismo Absoluto indoor que se celebrará en Ourense esta fin de semana e na que xuntará desde o venres ata o sábado, aos máis importantes atletas estatais do momento entre os que se atopan as galegas Belén Toimil, a medallista olímpica Ana Peleteiro e ao finalista no pasado mundial de atletismo Adrián Ben.
 
O itinerario de visita será o seguinte:
 
17:00  Complexo Deportivo de Monterrei Escola Atlética Pereiro de Aguiar Ben Cho Shey
18:00  Pista Campus de Ourense Club Deportivo La Purísima

19:00  Módulo Atletismo Pavillón dos Remedios Club Ourense Atletismo

 

Palmarés

Ruth Beitia é a atleta feminina máis importante da historia do atletismo español. Nacida en Santander no ano 1979 acumula un importantísimo palmarés no que destaca o título de campioa olímpica en Río-2016 e medalla de bronce nos Xogos de Londres-2012.
 
A maiores conta con nada menos que cinco medallas en Campionatos do Mundo, e nove medallas en campionatos de Europa das cales nas edicións de Helsinki-12; Gotemburgo-13, Zurich-14, Amsterdan-16 saldaríanse con triunfos para a española.

Lea también

El Baxi Ferrol cierra el primer tramo de la temporada este viernes visitando al Cadi La Seu

El Baxi Ferrol continúa con su puente aéreo esta semana, siendo su segunda parada el …