Neda programa un especial martes de Entroido

O Concello de Neda terá este martes 13 festivo local, dúas novas citas no marco da súa programación especial do entroido.

Trátase da festa infantil, e da tradicional queima do meco, que chegará este ano revestida cun novidoso espectáculo pirotécnico. É tempo de diversión en Neda.

A proposta para os máis pequenos da casa celebrarase, como vén sendo habitual, no pavillón municipal Ale de Paz. Será a partir 17 horas, cando as instalacións abran as súas portas para recibir ás familias. Así os nenos, ataviados cos seus disfraces, poderán desfrutar dos distintos inchables que haberá, do espectáculo de cantabaila e máis de obradoiros de maquillaxe. Todo de balde. A partir das 19:30 horas, e animado por Retumbatuke Percusión, está previsto a saída do desfile de disfraces dende o pavillón ata Os Subarreiros, onte terá lugar a queima do meco.

Unha cerimonia na que intervirán o alumnado infantil da escola municipal de teatro na que a pirotecnia será protagonista.

A programación do entroido alóngase en Neda coa celebración o domingo 25 co Cocido interxeracional no polideportivo municipal, e o 1 de marzo da merenda baile da terceira idade. O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto na oficina dos Servizos Sociais.

Lea también

Las IV jornadas Micológicas de Neda concluyen con la visita al área recreativa de Maciñeira

Una decena de personas ha participado en la mañana del sábado 30 en la tercera …