Aspromor colabora co Concello de Fene na posta a punto dos colectores do lixo

Usuarios desta entidade que traballa con persoas con discapacidade da zona do Ortegal, colabora son os encargados de amañar os colectores avariados ou con desperfectos, por fendas, golpes ou queimaduras

En Aspromor amañan colectores, bandexas, caixas de envases de plástico, polietileno ou polipropileno, dándolles unha segunda vida. Empregando máquinas estrusoras de soldadura de plástico, o proceso comeza co fundido do material na zona do desperfecto e, á vez que vai fundindo, apórtase novo material por termosoldadura.

Entre os beneficios que supón o emprego desta tecnoloxía (da que contan coa patente no centro de Ortegal) salientan: o aforro de custos co produto reparado con respecto ao produto novo, a colaboración coa protección do medio ambiente e o apoio á inclusión social, tendo en conta que son persoas con discapacidade en proceso de inserción laboral as que desenvolven as tarefas de reparación dos distintos produtos.

Ademáis do taller de reparación de envases de plástico, outro de fabricación de fregonas e un invernadoiro, Aspromor tamén conta con centro de día, servizo residencial e servizos de atención terapéutica en Ortigueira.

Lea también

Primeros ganadores de la campaña “En Valdoviño… adelantamos la Navidad”

La campaña de dinamización del comercio local «En Valdoviño… adelantamos la Navidad» ya tiene sus …