Otello é unha historia de amor e de odio, de ambición desmedida e, sobre todo, dos celos e as mentiras que estes traen consigo.
La compañía de òpera LGAM acerca a Narón esta obra baseada na traxedia homónima de Willian Shakespeare, que estreouse o 5 de febreiro de 1887 no Teatro Alla Scala de Milán, obtendo un éxito rotundo. De feito, tívose que levantar o pano ata vinte veces para saudar ao final da ópera.
Esta obra de ampla riqueza conta con arias como Ave Maria e Niun o meu tema, música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito.
Otello desenvólvese en catro actos, na illa de Chipre a finais do século XV, e conta a historia de Otello, que tras derrotar aos turcos, é nomeado gobernador da illa, onde vai vivir coa súa esposa. Yago, un dos seus alféreces, movido polo odio que lle ten por nomear capitán a Casio e non a el, trata de sementar a dúbida no corazón de Otello, suxeríndolle que a súa muller élle infiel con Casio.
( Video-Concerlírica )