Conta atrás para o Entroido en Fene

As comparsas Os Colludos, Os Argalleiros, As emocións dos nenos da ANPA Belén, As Xoaniñas de Chao, A Canteira do Puntal, Paso a Paso, Os Parrandolos, Os Scratchados, A Revolta de Trasancos, Os Eco-Heroes de Centieiras, Carnaval feneciano, Santa Compaña e OJE Ferrol son as 13 agrupacións que se inscribiron este ano para participar no desfile e posterior festival de comparsas que terá lugar o mércores da vindeira semana, Mércores de Cinza e día grande do Entroido fenés.

Tal e como se establece nas bases este luns 12 de febreiro, publicarase antes das 15.00 horas a orde do desfile das comparsas. 

Comeza a conta atrás para o Entroido, unha das festas máis importantes de Galicia que no noso concello se concentra na praza do alcalde Ramón José Souto González, a carón da Casa do Concello, nas xornadas do Martes de Entroido e Mércores de Cinza.

O martes 13 de febreiro, ás 18.00 horas haberá unha festa infantil a cargo de La Guagua e, coa colaboración da AC O Tadetas, a tradicional merenda con reparto de lambetadas para todos os nenos e nenas que se acheguen disfrazados.

Nesta edición, as lambonadas serán aportadas por: confitería Sara, panaderías Modesto Hermida, Ramón, A Broa, Amaría e El Cruce, pastelería Martínez e supermercados Gadis, Eroski Center e Froiz. Para rematar a xornada, tamén o martes a partir das 21.00 horas, comezará unha verbena a cargo do Grupo Origen, con actuación no descanso e ao final, dun Dj. 

As actividades do Entroido continuarán o mércores 14 de febreiro coa concentración de comparsas ás 17.30 horas na rúa San Salvador (pista polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar ás 18.00 horas o percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais e Avda. do Concello.

Ao chegar á praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, un pequeno recoñecemento á “viúva do Entroido” (Toñín), a lectura do Testamento, a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (Parque Castelao). 

RESTRICIÓNS DE TRÁFICO E APARCADOIRO 

Por mor da celebración das actividades do Entroido en Fene, desde a xefatura da Policía Local informan da prohibición de estacionar e circular na Avda do Concello desde as 15.00 horas do martes 13 de febreiro até o remate das tarefas de limpeza o xoves 15. 

NO CASO DE CHOIVA 

O martes 13 de febrero manteríanse igualmente as actividades baixo carpa.  En canto ás actividades previstas para o mércores 14, se as condicións meteorolóxicas son moi desfaborables, podería anularse o desfile de comparsas polas rúas do concello (decisión que sería comunicada con tempo na páxina web e rrss do Concello) pero manteríase a actuación das comparsas e a Lectura do Testamento, baixo carpa.

Lea también

El concello de Pontedeume renovará la red de abastecimiento en la avenida Ricardo Sánchez

El Ayuntamiento de Pontedeume aprobó en pleno la realización de unas obras de renovación de …