Rematadas as obras en Pontedeume do camiño de Quinteiro

Os traballos, que forman parte do Plan de Obras da Deputación da Coruña, contaron cun orzamento de 75.000 euros.

O Concello de Pontedeume informa aos seus veciños do remate das obras de ampliación e pavimentación do camiño de Quinteiro, na parroquia de Centroña.

A actuación consistiu na mellora do pavimento con aglomerado en quente nun tramo de 350 metros e a ampliación do camiño en varias zonas, grazas á construción dun muro de contención no comezo do mesmo.

“Tratábase dunha vía que polo seu escaso ancho non permitía o paso de furgóns e camións, ademais de presentar un firme en mal estado”, explica o alcalde, Bernardo Fernández, “e desta meneira melloramos os accesos ás vivendas e un camiño bastante transitado”.

“Con esta actuación, damos resposta ás demandas veciñais coa pavimentación e ampliación do camiño” engade Daniel Ríos, concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas de Pontedeume.

Lea también

Valdoviño abre inscriciones en el taller «Bienestar emocional en la familia»

Se trata de un taller gratuito, que se celebrará el 16 de abril de 16:30 …