Sábado 10 de febreiro de 2024
Actividade: Presentación do proxecto Masterpiece Hora: De 11:00 a 12:30 Lugar: Biblioteca municipal
Un grupo de menores de 10 e 13 anos de Narón e comarca, Pintuzapos, presentarán na Biblioteca o seu proxecto, co que se presentarán á First Lego League. A súa proposta, un robot, permitirá interactuar cunha serie de instrumentos tecnolóxicos para poder crear pequenas obras de arte.
Actividade: “XVI Festa do cocido da Gándara” Hora: Dende as 13:00 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)
O Concello colabora coa AVV Santiago Apóstol da Gándara neste evento gastronómico que inclúe un apartado musical para amenizar a tarde.
Actividade: “Festival de comparsas de Entroido” Hora: De 16:30 a 21:00 Lugar: Pavillón da Mocidade e pista polideportiva da Solaina
O Padroado da Cultura de Narón programou un ano máis a festividade do Entroido. Ás 16:30 horas haberá unha concentración de comparsas no Pavillón da Mocidade, na Gándara e ás 17:00 comezará o pasarrúas coas once comparsas participantes, que irán pola rúa Rafael Bárez, a estrada de Castela e a avenida de Santa Icía cara á avenida da Solaina, onde se celebrará o festival dende as 18:00. Teatro Ghazafelhos presentará o evento, que inclúe un concurso de disfraces infantil e de adultos.
Actividade: “XVIII mostra da Camelia Cidade de Narón” Hora: De 17:30 a 22:00 Lugar: Centro Comercial Odeón
O Concello e a Asociación Galega da Camelia organizan este evento, que se abrirá ao público en horario de tarde, se ben pola mañá calificaranse os lotes presentados ao “XIV Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”. A mostra inaugurarase ás 17:30 horas nun acto que inclúe a entrega de premios e poderá verse durante toda a tarde.
Domingo 11 de febreiro de 2024
Actividade: “XVIII mostra da Camelia Cidade de Narón” Hora: De 10:00 a 18:00 Lugar: Centro Comercial Odeón.