Fene mellora o firme e a seguridade viaria no camiño de Mundín

O Concello de Fene está a executar no camiño de Mundín unha serie de actuacións que teñen como obxectivos principais a mellora do estado do firme, deteriorado polo paso do tempo e a falta de drenaxe, e o incremento da seguridade viaria para os peóns.

A ausencia dun sistema de drenaxe estaba a provocar que as augas de escorrenta discorresen pola plataforma deste camiño, causando importantes deterioros no firme, o que levou á concellaría de obras a deseñar unha serie de actuacións para darlle solución ao problema.

Aproveitando dita necesidade, o goberno municipal decidiu levar a cabo unha ampliación da plataforma, habilitando un ancho medio de 5,5 metros para a circulación de vehículos, e un metro adicional para o paso de viandantes.

Con este novo ancho conséguese incrementar a seguridade viaria, ao permitir o cruzamento de dous vehículos en sentidos opostos de maneira segura. Mais se cadra resulta máis importante a habilitación dunha zona de paso ao mesmo nivel destinada á circulación de persoas, cun ancho mínimo dun metro en todo o trazado do camiño.

“Trátase dunha obra moi importante debido o gran número de persoas que empregan este percorrido para pasear a diario” sinalou o alcalde de Fene, Juventino Trigo, durante a visita ás obras, nas que estivo acompañado do concelleiro Manuel Polo.

A zona de actuación comprende un total de 600 metros de trazado, nos que xa ten finalizadas a instalación dunha canalización da drenaxe en ambas beiras da plataforma, así como a instalación dun bordillo de formigón, como pasos previos á imprimación asfáltica, iniciada esta semana, e posterior pintado.

Lea también

Neda recibe la visita de la Oficina Móvil de Atención al Peregrino

El alcalde subraya la utilidad de este servicio de la Guardia Civil para optimizar la …