«Xornada de Iniciación ao mergullo” en Narón

O complexo polideportivo municipal da Gándara acolle o domingo 18 de febreiro unha xornada de “Iniciación ao mergullo” organizada polo Concello de Narón.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou este martes 6 a iniciativa acompañado polo presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, e por Óscar García, integrante do Club do Mar de Ferrol. Ambas entidades colaboran co Consistorio nesta convocatoria.

Santalla explicou que a xornada se dirixe a persoas maiores de 12 anos que saiban nadar e avanzou que se poden inscribir ata o día 15 deste mes nas oficinas do Padroado de Deportes, na Gándara, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas.

O prezo da inscrición é de cinco euros por persoa e os participantes dividiranse en grupos reducidos, de seis persoas. Aconséllase que a maiores do bañador, gorro e chanclas, as persoas que vaian realizar a xornada leven tamén unha toalla.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas e durante a mesma, tal e como indicou García, os participantes recibirán unha serie de explicacións teóricas para a continuación pasar meterse na piscina da Gándara durante uns 15 ou 20 minutos, e realizar largos mergullando.

Dende o Concello de Narón e o Náutico Narón animaron á cidadanía a sumarse a esta actividade, que se convoca por vez primeira na cidade e que se concibe a modo de “bautismo”. O obxectivo, segundo apuntaron dende o Club do Mar de Ferrol, é que a xente que realice a xornada “perda o medo a mergullarse”.

Lea también

El racinguista Jesús Ruiz es el cuarto portero con más paradas de LALIGA Hypermotion

El guardameta del Racing Club Ferrol fue seleccionado por los aficcionados como jugador Estrella Galicia …