Rivas e Alberto González visitan a lagoa da Frouxeira, Valdoviño, no Día Mundial dos Humidais

A subdelegada do Goberno na Coruña María Rivas, desprazouse ata o concello de Valdoviño para visitar xunto co alcalde, Alberto González, a lagoa da Frouxeira con motivo da conmemoración do Día Mundial dos Humidais.

A subdelegada sinalou a importancia de “protexer e manter os nosos humidais como a lagoa da Frouxeira, xa que é unha parte esencial do noso patrimonio natural” e “proporciona beneficios e servizos necesarios para o benestar  humano, ademais de contar cun gran valor natural e diversidade biolóxica”.

María Rivas, destacou a gran diversidade de especies que se benefician da conservación da zona, especialmente as aves, que fai da lagoa unha das zonas máis importantes da comarca, e da provincia, pola presenza de hábitats naturais e seminaturais e polo importante número de especies da fauna e flora protexidas.

Neste senso tamén quixo resaltar que os humidais son ecosistemas moi fráxiles e sensibles, que apenas ocupan o 6% da superficie terrestre, e xunto con esta lagoa da Frouxeira a provincia de A Coruña conta ademais con outros humidais de gran importancia e valor como o complexo das praias, duna e lagoa de Corrubedo.

A Frouxeira é un lugar de descanso para numerosas aves durante os pasos migratorios de primavera e outono, e onde se atopa unha das zonas de cría máis  importante de Anas platyrhynchos e unha das escasas colonias de Anas strepera de Galicia.

Con arredor de 580 hectáreas de superficie e unha zona humida das máis importantes da provincia.

María Rivas lembrou a necesidade de protexer estas zonas de alto interese ecolóxico, tal e como recolle o ‘Plan Estratéxico de Humidais 2022-2030’, implementado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico co obxectivo de impulsar a recuperación e reverter o impacto da degradación nos humidais de todo o país.

A subdelegada, indicou que Demarcación de Costas do Estado en colaboración co Concello de Valdoviño, levan anos traballando conxuntamenta para planificar os distintos investimentos acometidos na ordenación da lagoa. Todas elas, actuacións encamiñadas a compatibilizar os usos da mesma, asegurado que a necesaria protección da Frouxeira pode convivir co aproveitamento e o seu desfrute turístico por parte da veciñanza e das persoas que a visitan.

A Lagoa da Frouxeira está amparada polo convenio Ramsar que é un tratado ambiental intergubernamental establecido pola UNESCO, polo tanto é unha zona húmida designada como de importancia internacional.

As zonas Ramsar son importantes porque son espazos onde se concentra moita biodiversidade, e por ser determinantes no funcionamento dos ecosistemas. O convenio obriga ás administracións a comprométense e a tomar medidas para conservalos; medidas que van dende a adopción de plans de xestión, ao establecemento de mellores zonificacións urbanas e agrícolas, o fomento da investigación científica, entre outras accións, e nas que a implicación e coordinación do goberno e o concello é máxima.

Ademais, este espazo reúne unha serie de declaracións que recoñecen o seu valor natural, entre os que se encontran o de zona de especial protección para as aves (ZEPA), zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN), humidal protexido e zona de especial conservación (ZEC).

Neste senso, dende a súa declaración como zona Ramsar, Demarcacións de Costas do Estado e o Concello de Valdoviño, traballaron conxuntamente para a rehabilitación do paseo e o seu mantemento, así como para a retirada dos elementos e construcións que danaban e degradaban os ecosistemas.

As intervención realizadas na Frouxeira por Demarcación de Costas dende o ano 1996, van dende a mellora do entorno do paseo marítimo; pasando pola restauración do entorno dunar e a dotación de servizos nas praias de Frouxeira, Meirás, Botes e Vilarrube; a recuperación e mellora da accesibilidade; o acondicionamento ambiental da praia ou a instalación de paneis informativos e sinalización.

Ademais, dende o concello tamén se está apoiando o coñecemento da importancia de este humidal, e a concienciación sobre as necesidades de protexelo a través de iniciativas como a aula da natureza instalada no Punto deAtención a Infancia.

A subdelegada do Goberno na Coruña, manifestou que “neste día Mundial dos Humidais, o obxectivo e poñer en valor lugares como a Lagoa da Frouxeira, un espazo de gran importancia ornitolóxica e ecolóxica de gran beleza, unha das nosas xoias naturais, que entre todas e todos debemos coidar para siga sendo un fogar para todas as especies que a conforman e un lugar de desfrute para os veciños e para as persoas que a visitan”.

Neste sentido quixo agradecer a constante e permanente colaboración co concello de Valdoviño e o esforzo que realizan por protexer este ecosistema.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …