Unha mostra revisa as memorias e ritmos do rural galego, en Afundación Ferrol

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta este mércores 31 de xaneiro, ás 19.00 h, na súa Sede Afundación Ferrol un proxecto expositivo interdisciplinar mediante o que reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, a súa iconografía e a súa presenza na cultura contemporánea.

Da man de Aser Álvarez, director, guionista e produtor galego, «A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego», conxuga fotografías, pezas audiovisuais, poesía e música nun evento pensado como recoñecemento a unha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia.

A mostra presentarase cunha visita guiada conducida polo propio Aser Álvarez. A inscrición para este percorrido, gratuíto e aberto ao público, pode formalizarse neste formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSezCQ4rwwmvN0EYvecVZZGKCL6kjbbvH1DEuogT_KkR6cTUIQ/viewform

A exposición conta con valiosos fondos documentais fotográficos e cinematográficos desde 1930 ata finais do século XX: a colección de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro Andión (1978-1986), o arquivo do fotógrafo lugués Carlos Valcárcel e os Fondos Fotográficos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Todos eles, acompáñanse de versos creados por algúns dos poetas gañadores do Premio de Poesía Afundación, como Olalla Cociña, Miguel Sande, Gonzalo Hermo e Oriana Méndez, co obxectivo de reflexionar sobre a presenza do rural na cultura contemporánea.

A banda sonora da mostra, unha creación de Moisés Quintás, recrea o chiar dos carros, o ouvear dos lobos, o xirar das rodas de muíño ou o cravuñar das gadañas.

Con esta iniciativa, Galicia convértese na primeira comunidade de España en abordar unha exposición monográfica cos fondos catalogados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Lea también

Galeatro abrirá el próximo 21 de agosto en Muxía el proyecto ‘Os Muíños no camiño’

Galeatro lanza este mes su proyecto ‘Os muíños no camiño’, una iniciativa que mezcla las …