A canteira do atletismo galego fai historia no nacional de campo a través

Existen poucos calificativos para poder describir a enorme xornada de atletismo que viviu o atletismo galego base no campionato de España de Campo a través Sub16 e Sub18 desenvolto no circuito de Cerro de los Ángeles de Getafe

Un total de dous títulos e dous subcampionatos individuais e tres campionatos e un subcampionato por selecións, poñen de relieve a grandísima actuación que as seleccións tiveron no seu campionato de España.

O primeiro gran éxito non se fixo agardar xa que na carreira que abría o campionato e na que tomaban parte as atletas Sub16, unha formidable Sabela Castelo, gañadora o pasado ano,  lograba o título individual nunha proba na que a tamén extraordinaria Paula Fernández lograba o subcampionato nacional.

Con estas dous primeiros postos e a actuación de Carmen Martínez (4ª), Carmen Rábade (17ª), Irma Veiguela (26ª) e Tania López (37ª) a nosa selección galega lograba por comunidades o título de campioas de España.

Co subidón ainda no corpo, arrincaban os rapaces Sub16 onde as boas novas non fixeron máis que continuar. A nivel individual Alejandro Santos nunha gran proba lograba a medalla de prata ocupando a nosa selección por comunidades a segunda posición de maneira momentánea xa que unha reclamación que foi estimada por un erro na suma de puntos, daban finalmente o triunfo a Galicia polo que tanto Alejandro Santos, Xoel Franco (6º), Mario Lorenzo (14º), Enrique García (21º),  Ibrahim Adamou (22º) e Daniel Martínez (44º) subían por segunda vez neste día ao máis alto do podio nacional.

Cas emocións e os ánimos polas nubes as seleccións galegas Sub18 tomaban a remuda das Sub16 cun listón moi alto difícil de igualar….ou eso se pensaba

A saída da proba Sub18 feminina non fixo outra cousa que constatar que Getafe era talismán para o seu atletismo. Nesta ocasión non houbo podios galegos a nivel individual máis o impecable traballo a nivel de equipo e colectivo efectuado por Debris Paniagua (6ª), Sabela Martínez (7ª), Eva Rouco (9ª),  Sandra González (13ª), Candela Sánchez (14ª) e Dameku Paniagua (20ª) daban o terceiro dos títulos estatais, convertíndose ata o momento na gran protagonista desta edición.

Nun ambente de grandes emocións dábase a saída á última carreira dos Sub18 masculinos. Asheber Díaz contaxiado dos éxitos dos seus compañeiros, lograba nada menos que proclamarse campión de España nunha grandísima carreira executada maxistralmente.

Xunto ao lucense, o resto da selección entraban na línea de meta con Teo de Frutos (5º), Alex Sierpes (19º), Iker Fernández (21º), Damián Suárez (27º) e Iago Prada (53º) e cuxa actuación en global daba unha suma total de 46 puntos que os subían novamente e por oitava vez, a un podio que nese día acabou falando galego.

Lea también

Tras siete años de obras de rehabilitación la iglesia de Dolores abre sus puertas

La reapertura de la iglesia de Dolores después de siete años cerrada por obras es …