As Pontes reparte máis de 7000€ en premios na cabalgata de entroido

O Concello de As Pontes repartirá 7.275 euros en premios na cabalgata de entroido que se celebra o martes 13 de febreiro, a partir das 17:00 horas.

Nesta ocasión, o Concello de As Pontes premiará as seguintes categorías: persoas adultas, categoría infantil, grupos e carroza e as persoas participantes só poderán inscribirse nunha única categoría.

No caso da categoría infantil (menores de 7 a 14 anos, ambos incluídos) repartirá, tres premios de 50 euros, cada un, para os tres mellores disfraces individuais e tres premios de 75 euros, cada un para as tres mellores parellas.

Ademais haberá 30 premios, de 30 euros cada un, para os nenos participantes na modalidade meniñ@s (menores de ata 6 anos, incluídos).

Por outra banda, o Concello de As Pontes premiará ás tres primeiras parellas adultas clasificadas con 200, 175 e 150 euros, respectivamente e, na categoría individual, as persoas adultas que tomen a saída no desfile poderán gañar 150, 125 ou 100 euros se se sitúan entre os tres disfraces máis valorados polo xurado.

Na categoría de grupos, na que se diferenciarán dúas modalidades, en función do número de persoas que integren a agrupación. Así, os grupos de máis de 10 persoas optarán a tres premios de  700, 600 e 500 euros mentres que, entre as agrupacións de ata 10 integrantes repartiranse tres premios de 500, 400, 300 euros, respectivamente.

No caso das persoas que participen con carrozas (estruturas de grandes dimensión sobre rodas, autopropulsadas ou remolcada, confecionadas para a participación na cabalgata e convenientemente decorada) optarán a tres premios de 900, 700 e 5000 euros.

Todas as persoas interesadas en participar no desfile de disfraces poderán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, (cita previa nos teléfonos 667129389 / 667129380) ou ben a través da sede electrónica municipal ata o 12 de febreiro ás 12:00 horas.

Lea también

Abierta en Ortigueira la preinscripción ‘Almorzos na Escola’ para el curso 2024/25

El Concello de Ortigueira, a través de la concejalía de Servizos Sociais e Igualdade, ha …