Valoración do Comité de Empresa Navantia Ferrol trala visita do presidente Sánchez

A través dun comunicado o Comité de empresa de Navantia Ferrol expresa o seguinte.. «O pasado mércores 24, o presidente do goberno Pedro Sánchez reuniuse cos representantes dos traballadores de Navantia Ferrol«. «Nesa xuntanza, aparte de mensaxes de boas intencións e apostar pola reindustrialización da Comarca, se nos anuncia a construción dun novo buque no centro de traballo de Ferrol»

«Un buque que está presente nas reivindicacións dos traballadores» «Tratase dun buque tipo AOR, que substituirá o “Patiño”, xa no final da súa vida útil»

«Este comité, valora como moi positiva esta nova, tanto para esta empresa como para o resto da Comarca, xa que se trata dun investimento de 439 millóns de €. A orde de execución está prevista para este mes de marzo, co que as primeiras licitacións sairían no mes de xuño, situando o corte de chapa para o mes de Setembro de este ano. Se trata dunha obra cunha duración de 45 meses, con picos de 1000 traballadores e traballadoras nas instalacións, así como preto de 800 empregos indirectos»

«Estes días, nas asembleas parciais, os traballadores tamén valoraron moi positivamente o encargo do novo buque polo Ministerio de Defensa, pero non debemos desviarnos da nosa folla de ruta» «Precisamente o calado desta obra, coa ocupación total das gradas con estes programas que se solapan no tempo, pon máis que nunca de manifesto a necesidade de executar un ambicioso Plan de Emprego, acompañado dos investimentos necesarios para seguir sendo competitivos e afirmar así o futuro dos estaleiros na Ría sen esquecerse de Reparacións e Fábrica de Turbinas»

«Así como mellorar as condicións sociolaborais das plantillas da principal e auxiliares»

«Cremos necesario tamén, facer fincapé nun problema que se nos aveciña, a escaseza de profesionais neste sector, si ben e certo que dende sempre se recoñeceu que nesta Comarca temos os mellores profesionais do sector, xa vai sendo necesario un relevo xeracional que sexa garante da continuidade do mesmo. É momento de que tanto os empresarios como o goberno da Xunta se poñan a traballar en plans de formación e investimentos, dando así futuro ás novas xeracións de rapaces, facendo máis accesible a súa incorporación ó mercado laboral»

«Non renunciaremos ás nosas demandas. É o momento, está nas nosas mans»

Lea también

Se retiran 16 toneladas de residuos marinos de la ría de Ferrol

Los pescadores depositan los residuos que encuentran durante las labores de la pesca en un …