Axenda en Narón da fin de semana

Sábado 27 de xaneiro de 2024

Actividade: “Campionatos galegos de voleibol” Hora: Dende as 9:00 ata as 20:00 (aprox.) Lugar: Pavillón do colexio da Solaina e pavillón Campo da Serra

O Concello e o club local Narón Volea organizan este evento xunto coa Federación Galega de Voleibol. Participarán uns 400 deportistas procedentes dunha vintena de clubs galegos.

Actividade: “Pasaporte lector” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

Este obradoiro creativo diríxese a nenas e nenos a partir de 6 anos, que terán a oportunidade de crear un pasaporte lector no que ir rexistrando todas as súas aventuras literarias neste ano. A participación implica inscrición previa na actividade.

Actividade: “Manual para armar un sueño” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía La Zaranda trae a Narón esta comedia, de aproximadamente unha hora de duración. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

«Manual para armar un sueño”

 

Domingo 28 de xaneiro de 2024

Actividade: “El fantasma de la ópera” Hora: 19:00 Lugar: Pazo da Cultura

O tributo musical “El fantasma de la ópera” chega a Narón da man de Tertulia Producción. Esta peza de teatro musical é a máis lonxeva da historia e a segunda en número de espectadores. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

 

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …