FITUR «Sente a Morriña» con Ferrol

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou na presentación da campaña turística Ferrol, sente a morriña celebrada esta tarde no stand de Galicia da Feria Internacional de Turismo (Fitur) que se está a celebrar en Madrid.

O vídeo que se presentou apela ao sentimento galego da morriña extrapolado aos potenciais visitantes, tanto nacionais como do estranxeiro. Para conseguilo, a peza audiovisual amosa imaxes de todo o que ten que ofrecer a cidade departamental: desde paisaxes espectaculares, ata fotogramas do día a día na urbe, pasando por eventos como a Semana Santa declarada de Interese Turístico Internacional e as Pepitas festa declarada de Interese Turístico Rexional. Así mesmo, poñeranse en valor todas as rutas turísticas existentes así como o turismo industrial.
Ferrol é a cidade do mar e da construción naval e ambas características dan como resultado un destino moi atractivo para o visitante, que pode gozar tanto do noso patrimonio histórico como do natural”, afirmou o rexedor, ao tempo que engadiu que é unha cidade acolledora, “perfecta para turismo familiar así como para calquera persoa que busque tranquilidade, afastarse de aglomeracións ou practicar deportes acuáticos”.

Na presentación de Ferrol en Fitur tiveron un peso importante as principais festas e eventos da cidade, contando coa intervención do presidente da Junta de General de Cofradías y Hermandades de la Semana Santa de Ferrol, César Carreño, o coordinador das rondallas da Festa das Pepitas, Pedro Blanco, e o promotor das Meninas de Canido, Eduardo Hermida.

César Carreño, presidente da Junta de General de Cofradías y Hermandades de la Semana Santa de Ferrol

A Semana Santa ferrolá é a máis espectacular de Galicia, remóntase ao século XVIII e hai 10 anos que é considerada Feste de Interese Turístico Internacional. En nove días aglutina máis dunha vintena de procesións, actos litúrxicos das confrarías, exposicións e eventos culturais. “Dunha forma ou outra, todos os ferroláns estamos vinculados á Semana Santa e queremos establecer tamén ese vínculo coas persoas que nos visitan durante eses días e fortalecelo para que volvan en vindeiros anos”, explicou Rey Varela.

No tocante á Noite das Pepitas, destacouse a singularidade da festividade, que “non existe en ningunha outra parte do mundo”. Ademais, presentouse o cartel deste ano e entregáronse os novos folletos editados para dar a coñecer esta cita, na que o Concello e as rondallas traballan para que sexa considerada como Feste de Interese Turístico Nacional.

Outro dos eventos principais da cidade son as Meninas de Canido, un certame de expresión artística de vangarda que conta con ampla proxección exterior. “Cada ano, decenas de artistas deixan a súa pegada nas paredes do barrio coas súas recreacións das Meninas” e Canido converteuse nun punto “de obrigada visita”.

O promotor das Meninas de Canido, Eduardo Hermida.

A todas estas citas de carácter anual, hai que sumar neste 2024 as actividades que se celebrarán no marco do ano dedicado a Gonzalo Torrente Ballester con motivo do 25 aniversario do seu pasamento e que comezarán esta mesma fin de semana cunha ofrenda floral e un acto institucional coa conferencia do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

Outro dos atractivos destacados no vídeo de presentación de Ferrol, sente a morriña, é o Ferrol da Ilustración. O centro de Ferrol, o barrio de A Magdalena, é un conxunto histórico-artístico que destaca pola súa distribución lóxica que alberga “auténticas xoias arquitectónicas con edificios de Rodolfo Ucha”.

Así mesmo, a oferta turística da cidade aglutina as máis importantes estruturas navais do século XVIII do mundo, a Ruta da Construción Naval e o Museo da Construción Naval, que tamén tiveron un papel destacado no acto de presentación. “Contamos cun Arsenal que foi o estaleiro máis importante de Europa e que hoxe é Ben de Interese Cultural”, lembrou Rey Varela.

PATRIMONIO NATURAL
A posta en valor da costa ferrolá foi outro dos eixos sobre os que xirou a presentación da cidade en Fitur. “Contamos cun patrimonio natural de excepción e a nosa costa e os nosos areais non teñen nada que envexar a outras praias de lugares considerados como paradisíacos”, asegurou o rexedor. “Non hai máis que botar unha ollada ao turquesa da auga na praia de San Xurxo, ás olas de Doniños ou á singularidade da praia de Santa Comba”, entre outras. “Un luxo de espazos naturais nos que practicar surf, windsurf, padel surf…”, explicou.

Así mesmo, os visitantes poden gozar da natureza da ría a través do Camiño Inglés, que parte da cidade departamental, “unha das rutas de peregrinaxe a Santiago de Compostela que máis medrou nos últimos anos en volume de peregrinos, pola beleza da súa ruta, polos servizos dispoñibles e tamén pola gastronomía”.

Ao fío disto, Rey Varela fixo mención á hostelería ferrolá. “Os fogóns da cidade ofrecen o mellor da nosa ría baixo unha coidada elaboración” e invitou aos asistentes a degustar a receta da vieira ferrolana na súa visita a cidade.

Por último, o alcalde engadiu á ecuación o deporte, particularmente o excelente papel que está a desempeñar o Racing de Ferrol en Segunda División. Neste sentido anunciou que esta semana deuse a coñecer que o club ferrolán foi o gañador do ESSMA Stadium Industry Awards, un galardón que recoñece iniciativas excelentes e creativas na xestión de estadios deportivos.

Co ascenso a Segunda División, o Racing contaba con 45 días para adaptar o estadio de A Malata aos requerimentos desta competición, unha tarefa concluída con éxito na que contou coa axuda do Concello de Ferrol. “Polo que agora, máis que nunca, invítoos a que gocen dalgunha fin de semana do ambiente que se vive en A Malata”.

Cómpre destacar que, a presentación de Ferrol en Fitur, é un acto que conta co respaldo do tecido asociativo da cidade, como ACOF, Cofer, Asociación de Empresarios de Hostalería Ferrol e Comarca… nun exemplo de unión de esforzos en prol do beneficio colectivo. O obxectivo é que o turismo sexa un dos principais elementos dinamizadores da economía e esta feira é o mellor escaparate para atraer visitantes que gocen da cidade ao tempo que realizan estadías nos locais hoteleiros e consumen no comercio e na restauración ferrolá.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …

Un comentario

  1. Parece mentira que esta Corporación siga sin apoyar decididamente sl Museo de la Construcción Naval,.Parece que solo existen la Semana Santa,las Peptitas y los graffitis de Canido, cuestiones que podemos encontrar en otras ciudades, gallegas o no, y algunas con más raigambre; pero ninguna tiene una Exponav de la que presumir. Menos mal que hay otras instituciones publicas que SI apuestan por Exponav , autentico museo de la historia de Ferrol.