AECC celebra en Ferrol un talk show para a prevención na adolescencia

IES Concepción Arenal-Ferrol

A Asociación Española Contra o Cancro no marco do  proxecto de prevención da enfermidade dirixido a mozos da provincia de  Coruña, “O challenge da túa vida”, celebra o seu terceiro e último evento presencial,  en formato talk show, no IES Concepción Arenal de Ferrol, o 25 de xaneiro, nel o alumnado de 3º da ESO coñecerá máis sobre a importancia da sexualidade segura e da protección solar.  

A campaña arrincou o pasado 30 de novembro no IES Eusebio da Guarda da Coruña,  o segundo evento tivo lugar o 18 de decembro no IES Rosalía de Castro de Santiago  de Compostela e rematará mañá, xoves 25 de xaneiro en Ferrol, e quere facer chegar  e informar aos adolescentes sobre temas que lles afectan directamente: os riscos do  consumo de alcol e tabaco, a importancia do exercicio e alimentación saudable, a  sexualidade segura e a protección solar.  

O condutor do evento será Arturo Fernández, periodista e presentador en CRTVG,  que compartirá escenario co Profesor José Tubío, médico investigador  especializado en cancro e Director do grupo ‘Genomas y Enfermedad’ do Centro de  Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da  Universidade de Santiago de Compostela, acompañados da bióloga e influencer de  estilo de vida e sustentabilidade BlondieMuser

Lugar 

IES Concepción Arenal 

Rúa Cuntis, s/n, 15403 Ferrol, A Coruña

Data 

Xoves, 25 de xaneiro de 2024

Hora 

12.30h

Representación  institucional

Isabel Estevan, presidenta da Xunta Local da Asociación Española  Contra o Cancro en Ferrol 

Lourdes Silvoso, coordinadora de atención ao paciente da  Asociación Española Contra o Cancro na Coruña

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …