FeC pide a tarxeta sanitaria para os menores extranxeiros que leven menos de tres meses en Galicia

Os concelleiros de Ferrol en Común ofreceron unha rolda de prensa na que presentaron as dúas mocións que defenderán no vindeiro Pleno deste xoves 25.

A primeira das mocións “faise eco dunha denuncia de Cáritas sobre a situación sanitaria das persoas migrantes que levan menos de 3 meses no noso país e as cales négalles a tarxeta sanitaria explicaba a concelleira Nerea P. Carballeira, “esta situación é moi grave e a lei non exclúe as persoas migrantes senón que é a Xunta de Galicia quen interpreta unha norma en contra dos dereitos dos migrantes” sinalaba a edil.

“Estamos a falar de persoas que chegan a un pais descoñecido, en situación de vulnerabilidade e teñen que facer fronte a dificultades económicas, sociais e administrativas e ademais diso, a Xunta de Galicia négalles o acceso á sanidade”, indicaba P. Carballeira, o que se suma a un sin fin de obstáculos para desenvolver unha vida digna.

O Real Decreto-Ley 7/2018 sobre o acceso universal al Sistema Nacional de Salud, contempla no seu articulado o dereito á protección da saúde e á atención sanitaria nas mesmas condicións que as persoas con nacionalidade española de todas as persoas estranxeiras non rexistradas ni autorizadas coma residentes en España, deixando ás Comunidades Autónomas coma competentes para fixar o procedemento para a solicitude e expedición do documento que acredite que se ten dereito a recibir a prestación asistencial sanitaria.

Por todo isto, a través dunha moción «queremos instar á Xunta de Galicia a velar porque todas as persoas conten cunha protección sanitaria gratuíta e máis cando trátase de persoas vulnerables ou menores» afirman

«Doutra banda, presentamos unha proposta para que o goberno municipal inicie os trámites co Ministerio de Defensa para a compra do edificio de suboficiais de Canido, un espazo no que desenvolve a súa actividade nunhas condicións precarias Aspaneps, unha asociación adicada a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con problemas psicosociais e sen alternativa na sanidade pública, sen dúbida un servizo vital para a nosa sociedade»

“Xa no ano 2016 Ferrol en Común logrou que o Miniserio de Defensa acometera un mantemento do edificio, pero segue a ser insuficiente e dentro de pouco máis de 2 anos remata a cesión do edificio e quedan nunha situación de total vulnerabilidade en canto a continuidade do servizo que prestan” explicaba Jorge Suárez.

FeC reclama que “o Concello inicie unha negociación co Ministerio de Defensa para a cesión ou compra do edificio, mellorar a súa habitabilidade e mellorar as condicións nas que traballa Aspaneps para que os nenos da comarca estean dignamente atendidos”, apuntaba o concelleiro.

Así mesmo, «a rehabilitación integral deste edificio propiciaría a ampliación do espazo útil, xa que agora mesmo tan só se pode utilizar unha parte da primeira planta. Deste xeito, Aspaneps contaría cun maior local para desenvolver a súa actividade e o resto do edificio quedaría para uso público e satisfaría unha demanda da Intrabarrial de Canido»

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …