O Concello de Narón acolleu este lúns, ás 9:15 horas, a sesión plenaria con carácter extraordinario para designar aos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo- de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro 18 de febreiro.
O sorteo realizouse mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas no mesmo recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio.
De non poder acudir á mesa ese día será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).