O Esteo continúa coa súa boa dinámica tras vencer ao Piensos Durán Albense

Cokito ante Piensos Durán Albense | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Gran vitoria do O Esteo este domingo á mañá no Pavillón Municipal, no partido que significaba o inicio desta segunda volta, recibindo a un dos mellores conxuntos que pasou por As Pontes, o terceiro clasificado, Albense, de Salamanca.

Nun encontro ante un dos grandes da categoría, cunha gran intensidade e presión no seu xogo, os locais foron sobrevivindo con grandes paradas de Diego, e sobrepuxeronse a un perigoso 2-4 nunha segunda metade que foi un toma e daca e que acabou caendo do lado local no último suspiro cun tanto de Jandro.

Segunda vitoria consecutiva dun O Esteo que suma 13 puntos, cuarto pola cola, na criba do descenso, e que na vindeira xornada visita ao gran plantel do Xove, cuarto e en postos de play off.

O Esteo: Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Costi, Marcos, Cokito, Sergio, Juan.

Piensos Durán Albense: Carlos, Daniel, Jose, Jesús, Sergio – MarcosH, Álvaro, Diogo, Jorge, Angus, MarcosM.

Goles: 0-1, Álvaro (6´), 1-1, Jhony (8´), 2-1, Troncho (14). 2-2, Jorge (22´), 2-3, Jesús (23´), 2-4, Jesús (24´), 3-4, Costi (25´), 4-4, Cokito (26´), 5-4, Jhony (29´), 5-5, Jorge (34´), 6-5, Jandro (39´).

Incidencias. Amarelas a Costi, Marcos, Sergio, Jhony, Jandro, Héctor, Cokito; MarcosH, Jesús, Diogo. Expulsados por doble cartón os visitantes Daniel e Carlos, ambos no 39´. Uns cen espectadores.

Lea también

Se inicia una nueva temporada para el equipo inclusivo del Racing Club Ferrol

  El equipo inclusivo del Racing Club Ferrol arranca este fin de semana su concurso …