Cedeira acolle a tarde do mércores 24 unha xornada orientada a presentar as novas liñas de axudas forestais que veñen de convocarse.
Os apoios teñen especial interese para apoiar ás asociacións de produtores de madeira (Promas) do norte galego, tanto para a comercialización conxunta de madeira como para valorar a posibilidade dunha xestión conxunta de montes de eucalipto.
A xornada, que dará inicio ás 17.15 horas, conta coa organización da Asociación Forestal de
Galicia, da Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira e da Asociación de Produtores
de Madeira de Viveiro.
O acto diríxese a propietarios e xestores forestais, así como aos representantes das asociacións de produtores de madeira do norte galego.
A asistencia é libre, con inscripción previa (tel. 981 564 011 /618 752 214 ou no mail afg@asociacionforestal.org).
Programa
17.15 horas Acollida. Julio Aneiros, presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira.
17.30 horas Os retos da xestión dos montes de eucalipto. Antonio Rigueiro e Francisco Dans, presidente e director da Asociación Forestal de Galicia.
18 h. As axudas ás agrupacións de xestión forestal conxunta. Daniel Rodríguez, responsable económico da Asociación Forestal de Galicia.
18.30 h. As axudas de apoio ás Promas e outras asociacións de comercialización conxunta de produtos forestais. José Luis Chan, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal.
19 h. Debate
Contexto
As comarcas de Ferrol Terra, Ortegal e a Mariña lucense conforman a principal área de aproveitamentos forestais de Galicia. En conxunto, cortan arredor de 3 millóns de metros cúbicos de eucalipto ó ano, máis da metade de todo o eucalipto extraído anualmente do monte galego.
A facturación para os propietariois forestais das cortas de eucalipto en Ferrol Terra, Ortegal e a Mariña lucense suma máis de 90 millóns de euros, un dato que dá idea da importancia social e económica dos montes de eucalipto.
As novas liñas de axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural para apoiar a comercialización e a xestión conxunta do monte representan unha oportunidade nestas tres comarcas para avanzar na sostibilidade social e ambiental dos montes, así como para mellorar a eficiencia das operacións de corta e comercialización do eucalipto. Todo elo abordarase na xornada deste mércores 24 en Cedeira.