O filme de Margarita Ledo traslada a súa rodaxe a Ferrolterra

Margarita Ledo Andión deu comezo á rodaxe do seu novo filme de non-ficción Prefiro condenarme esta semana e este mércores 17, comeza a rodaxe en Fene e na comarca de Ferrol. O filme volve estar producido pola produtora
Nós.

No filme, a historia de amor dunha mariscadora da ría de Ferrol entrelázanse desexo, desobediencia e clase social nun tempo, o da ditadura, en que cuestións coma o denominado adulterio ou abandono de fogar eran considerados “delitos específicos das mulleres”.

A experiencia de Sagrario, a personaxe (real) que dá pé a Prefiro Condenarme se presenta a través de lugares, reais e simbólicos, onde determinados acontecementos sucederon; de arquivos persoais e oficiais, e do intercambio entre o corpo da protagonista e o de tres actrices, Melania Cruz, Iria Piñeiro e Mónica Camaño nas que se desliza “ese real tumultuario que é a existencia da que se sitúa fóra das regras para permanecer, coma os paxaros, entre ceo e terra” indica Ledo.

Para alén de diferentes localizacións en Lugo, Castro de Rei, Monterroso ou Santiago de Compostela, Prefiro condenarme gravará a maior parte das escenas nas comarcas de Eume e Ferrolterra, nas próximas dúas semanas. Así o mércores estará todo o equipo en Perlío (Fene) e nos vindeiros días en Barallobre (Fene), Covas e Recimil (Ferrol), Mugardos, Pontedeume e rodarán tamén desde o interior da Ría de Ferrol.

A equipa complétaa Alberte Branco na dirección de fotografía, Olaia Ledo Díaz e Nati Juncal na produción, Sisco Lariño no son, Eva Veiga como co-guionista canda as performer Mónica de Nut e Antón Lopo e a compositora Carme Rodríguez son parte do equipo do filme.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …