O Esteo empeza o ano con victoria ante o Unión Arroyo

Instante do O Esteo ante o Unión Arroyo | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Boa vitoria do O Esteo 8-5 ante o Unión Arroyo de Valladolid nun encontro no que sempre foi por diante pero que os visitantes nunca deron por perdido, incluso anotando en inferioridade, e que non se resolveu ata o último suspiro.

Coa terceira vitoria da temporada O Esteo pecha esta primeira volta antepenúltimo con 10 puntos e comeza a primeira recibindo ao perigoso Albense, terceiro clasificado.

Abandona o cadro local o pechacancelas e gaña a un rival directo que marca a criba da salvación e do que se sitúa a dous puntos.

O Esteo: Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Costi, Marcos, Sergio, Juan.

CD Unión Arroyo: Pablo, Aarón, Diego, Cristobal, Javier – Ali, Iván, Miguel, Carlos, Iñaki.

Incidencias. Amarelas a Marcos, Sergio, Juan, Miguel, Diego. Expulsado con doble cartón o visitante Cristóbal (37´). Máis de 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Goles: 1-0, Jandro (1´), 2-0, Héctor (2´), 3-0, Héctor (8´), 3-1, Iñaki (9´), 4-1, Sergio (18´), 4-2, Cristóbal (25´), 5-2, Héctor (28´), 5-3, Javier (29´), 5-4, Cristobal (30´), 6-4, Sergio (34´), 7-4, Juan (35´), 7-5, Aarón (38´), 8-5, Juan (39´). Acta oficial dos colexiados con varios erros de tanteo e minutaxe.

Lea también

El Club Sincro Ferrol brilla en el Trofeo Concello de Oleiros con varios podios

El Club Sincro Ferrol firmó una destacada actuación el pasado sábado, 18 de abril, en …