Máis de 500.000 euros irán en Narón á formación de persoas desempregadas

A concelleira de Formación do Concello de Narón, Natalia Hermida, informou sobre os trámites realizados dende o goberno local para acadar dúas subvencións por un importe conxunto de preto de 379.000 euros destinadas a formación de persoas desempregadas.

A edil naronesa explicou que se trata das concedidas a través das consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade e a do Mar. “A través destas subvencións e contando tamén co orzamento municipal, destinarase este ano máis de medio millón de euros á formación de persoas desempregadas”, subliñou Hermida.

O Concello de Narón convocará sete accións formativas, con quince prazas cada unha delas, no marco da primeira das convocatorias, ofrecendo ás persoas desempregadas a realización de cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (dúas convocatorias); soldadura con electrodo revestido e TIG; soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG; traballos de carpintería e moble; emprego doméstico e xestión de residuos industriais

“En total, estás accións suman 3.376 horas de formación que permitirán ofrecer uns contidos teóricos e prácticos ao alumnado co fin de mellorar a súa empregabilidade”, apuntou Hermida.

A concelleira naronesa destacou ademais que se trata de accións formativas “que na actualidade están recibindo unha elevada demanda por parte de empresas que traballan na comarca, co que apostamos tamén por ofrecer formación que teña un elevado grao de empregabilidade”.

O alumnado, no caso de realizar as horas estipuladas en cada caso, obtén un certificado de profesionalidade e realiza prácticas en empresas. Son accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas (AFD) e as que estean interesadas teñen que dirixirse ás dúas oficinas de emprego, segundo a familia profesional do certificado, para poder inscribirse.

Así mesmo, a edil de Formación anunciou que o Concello levará a cabo este ano e o vindeiro o programa “Peixeando co emprego”, unha proposta tamén dirixida a persoas desempregadas, neste caso con prioridade para as de Narón.

Con cargo a esta iniciativa, a maiores da imaxe do proxecto, convocaranse dúas accións formativas de peixería cunha duración de 400 horas cada unha delas. Do total, 300 serán de carácter teórico e as 100 restantes consistirán en prácticas non laborais en empresas. Cada unha das convocatorias ofertará quince prazas.

“A aposta pola economía sostible e a formación de profesionais do sector pesqueiro para traballar en supermercados ou outras superficies comerciais, industrias de manufacturación do peixe ou na pequena empresa, ou mesmo como emprendedores, forman parte dos obxectivos deste programa”, indicou a concelleira naronesa.

Lea también

Aprobado no pleno de Narón o novo PXOM por unanimidade da corporación local

A corporación local de Narón aprobou na tarde de este xoves por unanimidade a aprobación inicial …