A Casa Consistorial de Cerdido acolle a obra de Mercedes Ferreira

Mercedes Ferreira Bouza será a primeira protagonista este ano no programa cultural ‘Unha obra, unha mirada’, que pretende achegar a arte ás zonas máis rurais do Concello de Cerdido.

A artista dedícase á medicina, e imparte o seu traballo no centro de saúde de Cerdido, paixón que comparte coa da pintura con acuarela. A súa obra é de temática costumista e de retrato, e presenta situacións cotiás coas que os espectadores poden identificarse con facilidade. A mostra estará aberta ao público na Casa Consistorial ata o mércores 31 de xaneiro, en horario de 8 a 14:30 horas.

O goberno local continúa apostando en 2024 por este programa cultural que establece exposicións con diferentes mostras artísticas en localizacións pertencentes á administración pública.

‘Unha obra, unha mirada’ persegue o obxectivo de facilitar o acceso cultural a aqueles núcleos de poboación onde non teñen tanta facilidades para acceder a actividades culturais como exposicións, concertos, espectáculos de humor, etc.

Lea también

Neda exalta o seu produto estrela cunha visita interpretativa ao muíño do Carrizo, edición rockeira da Noite de Bolos e a Festa do Pan

O Concello convida á cidadanía a tomar parte da variada programación da festa, declarada de …