A reportaxe, que se emitirá o venres 30 ás 19:30 no Museo de Historia Natural, afonda na realidade dun fenómeno que se volveu mediático a nivel mundial
Conxuntamente coa CEMMA, a SGHN emitirá como estrea en Galicia a reportaxe titulada «: crónica da candorca ibérica«, un documental producido por Sea Shepherd France, escrito e dirixido por Marc Nieto e Thomas Le Coz, que contará coa voz narradora do actor José Coronado.
A poboación de candorca ibérica está en perigo crítico de extinción e o comportamento disruptivo iniciado en 2020, de interacción cos veleiros, intriga ao mundo enteiro. A película introdúcenos sobre a realidade dun fenómeno que se volveu mundialmente mediatizado.
é o nome que reciben as candorcas no estreito de Gibraltar, aínda que tamén consérvase no léxico da especie na costa galega.
Sea Shepherd France realiza dende o ano 2024 campañas estacionais de seguimento das candorcas no estreito e tomou contacto coas mandas e con toda a problemática. Deste xeito contactou con CEMMA/GTOA, que leva rexistro dos encontros (interaccións e avistamentos) dende o inicio. Na película dáselle voz a diferentes expertos para explicar e desvelar este misterioso comportamento.
ESPARTES está sendo proxectada en diferentes foros, sendo o Museo de Historia Natural en Ferrol a primeira proxección deste documental en Galicia.
Acompañarán á proxección no auditorio en Canido os investigadores de CEMMA Alfredo López e Mónica González, membros de CEMMA/GTOA, que intervirán na presentación inicial e no coloquio posterior.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

