A alcaldesa recibe no Concello aos integrantes de Narón Kids

Os integrantes de Narón Kids, do Club de Baile Deportivo Narón xunto co seu presidente, Jesús Marcos, reuníronse no Concello coa alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, no salón de plenos.

A rexedora local recibiu ao grupo no Consistorio co fin de felicítalo persoalmente polos éxitos deportivos acadados durante o pasado ano.

Os once rapaces que integran Narón Kids teñen entre 16 e 21 anos e a maioría residen en Narón. No útlimo ano alzáronse co primeiro posto no Campionato galego de danza coreográfica, a Copa Federación e o Campionato de España de categorías absolutas, tal e como recordaron.

Ferreiro destacou a súa traxectoria durante as últimas tempadas, especialmente a do pasado ano, e tamén o feito de que se trate dun dos primeiros grupos que comezou, a nivel estatal, a bailar danza coreográfica.

“Levades moitos anos ensaiando e o voso traballo e esforzo está tendo a súa recompensa gañando estes campionatos e, no caso de non acadar o primeiro posto, quedando no segundo, o que tamén é de por si todo un éxito e un exemplo para moitos deportistas”, recalcou a alcaldesa.

Os integrantes de Narón Kids contáronlles aos representantes do goberno local algunhas anécdotas da súa participación nos diferentes campionatos e agradeceron o apoio do Concello ao baile deportivo.

Dende o club local entregaron á alcaldesa unha réplica da medalla obtida no campionato estatal do pasado ano como sinal dese agradecemento.

A alcaldesa e o edil de Deportes entregáronlles tamén uns agasallos institucionais e realizaron finalmente unha fotografía de grupo en recordo da visita.

Lea también

Se celebra en Ferrol un maratón fotográfico para visibilizar la diversidad

El Ayuntamiento de Ferrol organiza el maratón fotográfico Objetivo inclusión que comienza el día 16 …