Aberta a inscrición para a V ruta SendAres: Monfero

Caaveiro

A área de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello de Ares.

Este mércores 3 de xaneiro abriuse a inscrición telemática do quinto percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional www.concellodeares.gal

Nesta ruta guiada, os sendeiristas percorrerán unha das zonas con máis historia nas Fragas do Eume, transitando polo camiño dos Cerqueiros ata chegar ao Mosteiro de Caaveiro. O traxecto iníciase nos piñeirais das áreas máis elevadas, descendendo logo cara ás fragas próximas ao encoro. Durante o percorrido, pásase polo miradoiro do monte Carbaoeira, desde onde se poden gozar de excelentes vistas do municipio de As Pontes e do val do Xestoso.

Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo 21 de xaneiro, cunha distancia de 17 quilómetros e unha dificultade media-baixa. O prezo será de 20 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:00 horas e chegará ao núcleo da vila ás 16:00 h. no punto de encontro habitual: a praza da Igrexa da localidade.

A concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 10:00 horas do 12 de decembro ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …