O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «unha mala nova para a cultura da nosa cidade o recorte nos horarios da Biblioteca Municipal».
A concelleira nacionalista, María López, salientou que «este non é o mellor xeito de empezar o ano e indicou que pechar ao mediodia a biblioteca é un feito que non é compatible cos servizos que debe prestar unha grande cidade».
María Lopez, concelleira do BNG, lembra que «o goberno do PP non foi quen máis que de poñer un pequeno parche temporal a esta problématica, pero a realidade é que os usuarios deste servizo dispoñen de menos horario para o seu uso»
Para o BNG «o goberno municipal non priorizou darlle unha solución definitiva a biblioteca municipal. O partido Popular que se erguira como o goberno de ter solucion antes de que acabara o ano para a biblioteca, levantase hoxe co Deja vú dun ano antes, e Ferrol parece estar inmersa nun dia da marmota continuo no tema da biblioteca»
«Dende o BNG, lembramos, que alertamos a este goberno que non podia deixar de novo a solución da biblioteca na reducción horaria, unha soución que xa alertabamos de que tiña dara de caducidade e que antes de rematarse se tiña que atopar outra para que a biblioteca poda seguir ofrecendo os seus servizos nun horario completo, sen fecharse na hora do mediodia como dende onte volve ocorrer»
«A biblioteca municipal é un servizo público que non pode pechar as súas portas e o BNG ints ao goberno municipal a darlle unha solución, para que poida seguir aberta en horario continuo»
Dende o grupo do BNG municipal «instamos ao goberno do partido popular a que solucione canto antes esta situación que pasa por incorporar de xeito permanente o persoal necesario para atender este servizo e que o mesmo non teña que volver a reducion horaria da biblioteca co obxecto de poder prestar este servizo esencial a cidadanía».