Aberto en Narón o prazo para participar en dous cursos da plataforma Cemit

O edil de Novas Tecnoloxías do Concello de Narón Román Romero, informou sobre a apertura do prazo de inscrición en dous cursos da plataforma Cemit: “Competencias dixitais en ofimática-Libre Office” e “Contabilidade e Recursos Humanos”.

As persoas interesadas en asistir ás clases, que se impartirán en ambos casos do 22 de xaneiro ao 30 de abril na Aula Cemit de Xuvia, deben anotarse a través da plataforma Cemit, tal e como recordou.

Na acción formativa “Competencias dixitais en ofimática-Libre Office”, en nivel avanzado, estudaranse as ferramentas ofimáticas dos diversos paquetes (Writer, Calc, Base, Impress), entre outras. O curso terá unha duración de 276 horas, que se impartirán en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas. Ofértanse un total de doce prazas e as inscricións poden tramitarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44641

En canto ao curso de “Contabilidade e Recursos Humanos”, o alumnado abordará temas como a definición do posto de traballo e de perfís laborais, competencias e formación, normativa laboral, seguridade social e cotizacións, entre outros.

Esta acción formativa, cunha duración tamén de 276 horas e doce prazas, impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Neste caso as inscricións deben realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44644

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …