Unha unidade móvil ADOS desprázase a Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns 8, na cidade de Narón, concretamente nas inmediacións do centro comercial Odeón, na entrada posterior localizada na rúa Cataluña, na Gándara.

O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo.

Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828

Lea también

A música coral de Narón volve á praza de Galicia co concerto de Panxoliñas

A praza de Galicia converterase este luns 22 de decembro nun escenario aberto á música …