Preto de 500 participantes na IX San Silvestre-Concello de Fene 2023

A proba terá lugar este sábado 30 de decembro, a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello). Os participantes poderán retirar o dorsal-chip este venres 29 no Salón de Plenos do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González) ate as 20.00 horas.

Tamén se poderán recoller o sábado 30 no salón de Plenos do Concello, de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 16.30 h.

Participarán corredores inscritos nas categorías: Biberóns (ano de nacemento 2019), Pitufos (2018), Sub 8 (2016-17), Sub 10 (2014-15), Sub 12 (2012-13), Sub 14 (2010-11), Sub 16 (2008-09), Sub 18 (2006-07), Absoluta (2005 e anteriores) e Andaina (todas as idades).

As saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas (os horarios de saída son aproximados):

CATEGORÍA 

HORA 

DISTANCIA

ABSOLUTA 

17:00 

5.000 m.

SUB 18 / SUB 16 

17:45 

2.500 m.

ANDAINA 

17:55- 18:20 (*2) 

2.500 m.

BIBERÓNS 

18:30 

50 m.

PITUFOS 

18:45 

100 m.

SUB 8 

19:00 

200 m.

SUB 10 

19:15 

400 m.

SUB 12 

19:30 

800 m.

SUB 14 

19:45 

1.200 m.

Os participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao coche escoba que os levarán ata a meta para poder comezar coas carreiras da categoría Biberóns e sucesivas.

Por outro lado, nas carreiras de menores, “pitufos” e biberóns”, poderán establecerse quendas de 10
participantes para evitar aglomeracións e posibles caídas dos participantes. En canto aos premios, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un trofeo.

Tódolos participantes das demais categorías recibirán unha medalla conmemorativa da xornada.

A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado as bases que inclúen unha declaración de estar en bo estado físico, eximindo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.

Dispositivo especial de tráfico «San Silvestre»

Por mor da celebración da San Silvestre 2023, a Policía Local de Fene anuncia as seguintes restriccións ao tráfico e ao aparcamento nas rúas afectadas:

O sábado 30 de decembro estará prohibido aparcar e circular na Avenida do Concello de 15:00 a 21:00 horas

Por outra banda haberá cortes temporais de tráfico de 17:00 a 20:30 horas nas seguintes rúas:
Rúa da Fraga
Marqués de Figueroa
Río Cádavo
O Pachuzo
Os Pinares
O Maroño
O Cardoeiro
Rúa Alta
Rúa Travesa
Rúa Xerardo Díaz
Avda. de Tarrío.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …