Cerdido destina máis de 70.000 € á mellora e renovación de estradas

O Concello de Cerdido está a piques de rematar as obras de mellora en catro vías do municipio, financiadas a través de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). O orzamento desta acción ascende a 70.000 euros e está enmarcado dentro do Plan de mellora dos camiños rurais.

Os camiños incluidos nesta iniciativa son do o acceso a Guelle, cun orzamento de 10.070 euros; o paseo entre Casavella e Espiño, ao que se destinaron 15.471 euros; o camiño que une Vila da Igrexa e lugar do Río, cun presuposto de 11.058 euros; e a vía entre Chaiña e Rediz, na que se empregarán 10.865 euros.

Segundo indica o alcalde de Cerdido, Alberto Rey, “con estas actuacións melloramos as infraestruturas básicas en varias localizacións do termo, facilitando a circulación de vehículos e incrementando a seguridade dos peóns”.

“Unha das liñas principais do noso equipo de Goberno consiste en renovar as estradas do noso concello, xa que ten núcleos de poboación bastante dispersos e precisa dunhas boas canles de comunicación” rematou o rexedor.

Esta acción pretende contribuir á mellora da calidade de vida dos veciños e impulsa o avance do municipio e o mantemento da vila nunhas condicións favorables.

As obras xa foron iniciadas e atópanse a piques de rematar, polo que pronto se poderá facer uso destes camiños renovados.

Lea también

As Pontes mejorará la red de saneamiento en su casco histórico

El Ayuntamiento de As Pontes ha previsto acometer la mejora de la red de saneamiento …