A Alianza Aresana acolle un mológono de Oswaldo Digón

Este evento, parte da programación do Nadal organizada pola concellaría de Cultura da localidade, terá lugar o martes 26 ás 20 horas no salón de actos da Alianza Aresana.

Concibido como unha experiencia para pechar o ano con alegría e entretemento, o monólogo ofrecerá á audiencia adulta un repertorio de relatos humorísticos.

Oswaldo Digón, recoñecido actor e monologuista galego, compartirá cos asistentes unha selección de contos baseados na súa propia vida.

«Outra movida» preséntase como un testemuño cómico das vivencias e experiencias do artista. A comedia entrelázase a través de «contos baseados en feitos irreais, onde todos os personaxes cambiaron de nome para facilitar a identificación do público».

A entrada a este evento cultural será gratuíta e non requirirá reserva previa, ata esgotar o aforo dispoñible.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …