A SGHN de Ferrol ofrece visitas guiadas gratuitas en decembro

Reforzando e potenciando a actividade habitual no Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol, que conta ao longo do ano coa colaboración municipal, este mes de decembro conta tamén co patrocinio da Deputación da Coruña 

Seguindo coa actividade divulgativa dende o Museo de Historia Natural, atende e ofrece visitas guiadas gratuítas na vindeira semana do 26 ao 29 de decembro

O número máximo de participantes é de 20 persoas por grupo e non é precisa inscrición previa (abonda con presentarse no museo pouco antes do horario da quenda que se prefira)

Para solicitar máis información sobre estas visitas, contactar previamente co MHNF a través do correo electrónico museo@sghn.org ou nos teléfonos 881.931.315 e 698.141.384 no horario habitual de atención ao público.

Lea también

“Neda a petiscos” convida a probar os manxares das tafonas locais en seis novas catas gratuítas

O Concello de Neda convida a veciños, veciñas e visitantes a sumarse esta fin de …