A cabalgata de Papá Noel de Neda volta a contar cun amplo percorrido

Como cada ano, Papá Noel adiantará unhas horas a súa chegada á comarca para percorrer Neda e compartir un tempo cos nenos da localidade. O Concello volve a organizar a cabalgata, que tentará levar por todo o municipio, para repartir un ilusión entre os máis pequenos da casa.

O tradicional desfile levará a Papá Noel e a súa comitiva a visitar, de punta a punta, a localidade durante o sábado 23 de decembro, co obxectivo de que todos os nenos poidan ver o personaxe, que chega cada ano cargado de regalos para todos.

A cabalgata arrincará ás 10 horas da rúa Valle Inclán para iniciar un itinerario matinal de preto de tres horas, con remate en Curros Enríquez. Tras un pequeno parón para coller folgos, volverá poñerse en marcha sobre as 15 horas na Toeleira. O itinerario previsto rematará pola tarde sobre as cinco e media na Mourela do Medio.

No seu percorrido polo municipio, a comitiva estará acompañada por efectivos da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, que anunciarán coas súas luces e sirenas o paso. Deste xeito, será máis fácil que os nenos saiban cando deben saír  ao exterior das súas vivendas para saudar a Papá Noel.

Recepción na Casa das Palmeiras

Unha vez finalizado o desfile, ao redor das 17.30 horas, Papá Noel dirixirase ata a Casa das palmeiras para saudar a todos os nenos e nenas da localidade e recoller as cartas coas peticións de agasallos. Unha cita do máis doce pois os nenos e nenas poderán quecer o corpo cun chocolate acompañado dos imprescindibles churros.

Un pasarrúas polo núcleo urbano animará aos máis pequenos a achegarse.

A Cabalgata e a posterior recepción forman parte da programación especial de actividades do Nadal preparada polo Concello. Unha programación que arrincará este xoves nos centros educativos de infantil e primaria do municipio.

Percorrido e horarios aproximados do itinerario

De 10 a 10.30 h: Rúa Valle Inclán, Campo da Festa de San Isidro, Fábrica do Monte, Silva e Curva do Bargo.

De 10.30 a 11 h: Médico Cebreiro, Avda. Alxeciras, Avda. Castelao, Xeneral Morgado e Alonso Escudero. De 11 a 11.30 h: Avda. Alxeciras, Santa María, Coto, Toeleira e Avda. Xubia.

De 11.30 a 12 h: Victorino Novo, Camiño Vello, Fausto Cansado e Albarón. E de 12 a 12.30 h: Ponte Grande, Balbís, Combarro, Nogueirido, Buhída e Curros Enríquez.

Pola tarde, de 15 a 15.30 h, Toeleira, Portazgo. Poulo, Muchiqueira, Mourela Baixa e Maciñeira.

De 15.30 a 16.30 h: O Roxal, Chao da Aldea, Viladonelle, Cheda, Vila de Anca, Torre, Corredoira, Chisqueira e Liñares.

De 16.30 a 17 h: Torrente, Bouzarredonda, Os Cobos e Pedrós; De 17 a 17.30 h: Fontevella, Cruz do Pouso, Escorial de Abaixo, Alcallás e Mourela do Medio.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …