O alcalde de As Pontes visita as obras da planta de Prometal Tecnología e Innovación

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, visitou as obras da nova planta que a empresa local Prometal Tecnología e Innovación constrúe no polígono de Penapurreira.

O proxecto, que ten un investimento de preto de seis millóns de euros, aséntase sobre unha parcela de 12.000 metros cadrados e ten unhas dimensións de 5.000 metros cadrados con capacidade para ampliarse, en caso de ser preciso, preto de 4.000 metros cadrados máis.

Trátase dunha nave de última xeración, na que se aplica un sistema de construción modular deseñado pola empresa Ensamble, desenvolvido en tres alturas e no que destaca a envolvente do nova nave, inspirada na actividade da empresa que serve á vez de estrutura e cerramento.

A nova instalación así mesmo incorporará tecnoloxía de robotizado que permitirá á empresa pontesa, adicada á produción de estruturas metálicas complexas para o mercado mundial, dotarse con de nova maquinaria e a implementación dun software de control da produción.

A empresa prevé, ao remate das obras, contar cun cadro de persoal de 50 traballadores e promover a inclusión das mulleres ao sector para, deste xeito reducir a fenda de xénero.

Nese sentido, o alcalde das Pontes apuntou que “desde o Concello das Pontes estamos a manter conversas con Prometal co obxectivo de poñer en marcha accións formativas para soldadoras, promovendo a súa inclusión nun sector en constante crecemento e cunha importante demanda de man de obra cualificada”

Lea también

Casa Ignacio proclamouse como o mellor petisco do IV Saborea Cerdido

Acadou o galardón ao acadar 847 puntos nunha edición na que participaron máis de 300 …