Axenda en Narón do 22 ao 26 de decembro

Venres 22 de decembro de 2023

Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00, 13:00; 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas da estrada de Castela, á altura da Casa da Cultura.

Fot. archivo

Os establecementos comerciais de Narón adheridos á iniciativa repartirán os tickets para poder realizar as viaxes, de balde, coas compras nos seus respectivos establecementos. O Concello organiza a iniciativa en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón

Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara

O Concello organiza un ano máis os Poboados de Nadal, que permanecerán instalados na Praza da Gándara, onde se desenvolverán actividades como exhibicións de baile, concertos, obradoiros para nenas e nenos, pintacaras… todos eles de balde.

Actividade: Espazo Xove Hora: De 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade despide as actividades esta fin de semana con propostas para a mocidade: videoxogos, xogos cooperativos, espazo de lectura e de pintura… haberá tamén unha sesión de Scape Room.

Actividade: Circo Mágico de Navidad, Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

Un pequeno obradoiro de construción de xoguetes a piques de pechar por falta de traballo centra esta historia, protagonizada por un artesán que se encargaba de fabricar o que alí había e preocupado porque ninguén da familia seguirá esa tradición artesanal. O espectáculo diríxese a familias e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 23 de decembro de 2023

Actividade: “XIV Torneo de voleibol Cidade de Narón” Hora: De 9:00 a 21:00 Lugar: Pavillón Campo da Serra

O Concello organiza co club de voley Narón Voela este evento deportivo, no que participarán menores de entre 6 e 11 anos do Narón Volea e tamén dos clubs Emevé Lugo, Calasancias, Oleiros e San Ciprián.

Actividade: “Torneo de Nadal de xadrez” Hora: De 10:00 a 18:00 Lugar: Local social do Alto

O Concello e o Círculo Xadrez Narón organizan esta convocatoria, que contará coas categorías absoluta, promesa, alevín e infantil.

Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00, 13:00; 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas da estrada de Castela, á altura da Casa da Cultura

Actividade: XIII Xornada Moteira Solidaria Hora: Saída ás 16:30 Lugar: Praza de Galicia

Como cada ano, o Concello e o Motoclub Fojeteiros organizaron unha xornada moteira que discurrirá por varias vías da zona urbana da cidade. Os moteiros irán vestidos para a ocasión e chegarán sobre as 17:15 horas á Praza de Galicia, onde Papá Noel se reunirá coas persoas que acudan a recibilo.

Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara

Actividade: Espazo Xove Hora: De 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade despide as actividades esta fin de semana con propostas para a mocidade: videoxogos, xogos cooperativos, espazo de lectura e de pintura… haberá tamén unha sesión de karaoke e un obradoiro de DJ.

Actividade: Circo Mágico de Navidad Hora: Pases ás 17:30 e ás 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

Actividade: Rock Narón, Hora: A partir das 22:00 Lugar: Praza de Galicia

Os grupos de música rock “La Fuga”, “Cranio” e “NoRem” participarán este ano no festival Rock Narón, que se celebrará baixo unha carpa na Praza de Galicia. A entrada é de balde. 

Domingo 24 de decembro de 2023

Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara

Martes 26 de decembro de 2023

Actividade: Obradoiro de cantos de Nadal: “Cantámosche os Reis” Hora: 17:30 Lugar: Biblioteca municipal e saída por locais comerciais do Alto

Pablo Díaz e Olga Kirk impartirán este obradoiro, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. Diríxese a público de todas as idades e require inscrición previa.

Actividade: Poboados de Nadal Hora: De 17:00 a 20:00 horas Lugar: Praza da Gándara

A maiores das propostas diarias, nesta xornada haberá ás 17:30 horas un espectáculo con animación musical, “Cantabaila”, para os nenos.

Lea también

O pavillón das Lagoas acollerá este sábado en Narón a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

O Concello de Narón colabora nesta actividade, na que participarán un total de 115 deportistas …