A Deputación da Coruña apoia con 60.000€ a programación cultural da RAG

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, asinaron o convenio polo que a Deputación financia a programación cultural da entidade durante o presente ano.

A Deputación achega 60.000 euros, un 80% do orzamento total que a Real Academia inviste nas actividades da súa programación anual, que ascende a 75.000 euros.

As actividades obxecto de financiamento durante este ano foron a XXXIV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas;  o ‘Primavera das Letras 2023’ dedicado a Francisco Fernández del Riego; un acto de homenaxe a Darío Xohán Cabana; o ingreso de Lourenzo Fernández Prieto como académico numerario da RAG, e o ingreso de Kathleen March como académica da honra da RAG.

Ademais, financiáronse as publicacións do “Inventario da biblioteca de Manuel Murguía” na RAG como anexo do Boletín da RAG; a publicación das “xornadas Murguía” como anexo do Boletín da RAG”; a publicación do Boletín número 383 da RAG dedicado a Florencio Delgado Gurriarán e a Toponimia en Muros.

Formoso destacou a importancia de apoiar o traballo que leva a cabo a RAG na promoción da lingua e cultura galegas, obxectivo no que se centran moitas das actividades da programación anual.

Natividad de Jesús González, deputada de Cultura, sotivo que “a nosa cultura e a nosa lingua son patrimonio inmaterial do país, e por iso apoiamos o labor que fan dende a RAG para preservalo”.

Pola súa banda, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, agradeceu o apoio da Deputación para manter, un ano máis, a actividade desta institución centenaria.

Lea también

Patricia, primera niña nacida en el paritorio provisional en Ourense apenas una hora después de concluir el traslado

El CHUO ejecutó por la mañana el traslado de obstetricia y pediatría mientras madres y …