As Somozas destina preto de 9.000€ á iluminación de Nadal no termo municipal

O Concello de As Somozas volve a iluminar as parroquias de todo o termo municipal un ano máis para promover o espírito destas datas entre a veciñanza.

A administración local destina unha partida orzamentaria de 8.642,87 euros a realizar esta actuación, que pretende acadar unha paisaxe de Nadal no Concello.

Segundo indica o alcalde, Juan Alonso, “temos a intención de adornar todas as parroquias do termo municipal, para que todos os veciños sintan cerca o espírito destas datas, que non é outro que o de pasar tempo coa nosa familia e os nosos achegados”.

Desde o Concello de As Somozas queren desexarlle á toda a veciñanza das Somozas unhas felices festas e un próspero ano 2024.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …