A Biblioteca de Narón acolle a presentación do libro “Breixo e o mostro Lume”

 
A planta soto da Biblioteca municipal de Narón acolle este xoves 21, a presentación do libro infantil “Breixo e o monstro Lume”, da veciña da cidade Soraya García Riveiros.
 
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que o acto dará comezo ás 18:00 horas, e está aberto ao público en xeral, ata completar a capacidade da sala.
 
O libro diríxese a menores de entre 3 e 9 anos, está editado en galego e castelán e conta cunha edición especial conforme ao Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades de aprendizaxe.  No conto nárrase a historia protagonizada por Breixo, un paxaro valente na procura de aventuras que se ve inmerso nun misterio no monte, iniciando así unha emocionante travesía.
 
Soraya García explorou a súa vea artística dende temprana idade, incursionando no debuxo e a pintura con diversas técnicas e estilos. O seu amor polos contos, transmitido pola súa nai no momento de ir durmir, inspirou a Soraya a emprender a súa propia viaxe na escritura. En 2021 naceron os primeiros trazos de Breixo e monstro Lume, un conto ilustrado por ela mesma.
 
Coa colaboración de Ángel Merlo este proxecto viu a luz o 14 de setembro de 2023. A autora do libro, afincada en Narón dende hai preto de dúas décadas, é tamén recoñecida pola súa destacada carreira como frautista e docente no Conservatorio CMUS Xan Viaño de Ferrol.
 
Cunha traxectoria musical que abarca dende a súa formación no Conservatorio de Música de Betanzos ata a súa participación en orquestras e grupos musicais de renome, Soraya levou o seu amor pola pedagoxía a coordinar proxectos educativos de índole internacional.
 
No acto de presentación do libro en Narón, Soraya García compartirá co público asistente detalles sobre o seu proceso de creación. Ao remate da presentación as persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar e mesmo levalo asinado pola autora.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …