O CEIP A Gándara de Narón, acolle no seu centro, xunto coa ANPA A Buxaina, en colaboración coa Fundación Uno Entre Cien Mil, celebran novamente a segunda “vuelta al cole” este mércores 20 de decembro de 2023 a partires das 12:20 horas.
Mediante este evento, se busca axudar ás crianzas que padecen leucemia a saír adiante, recadando fondos para a investigación da súa enfermidade.
Cada ano en España son diagnosticados de leucemia 350 crianzas, 1 de cada 5 non consegue sobrevivir. Xa hai máis de 1.200 colexios inscritos nesta iniciativa.
Cada alumno recibiu un dossier cun enlace e un código QR que dá acceso a recursos informativos para traballar en familia e na aula do colexio. Este dossier transfórmase nun sobre no cal voluntariamente cada crianza pode aportar o que considere para a causa. O ano pasado recaudouse 1800€.
Cada participante recibe tamén un dorsal e un diploma nunha xornada deportiva cun marcado sentido de reivindicación: necesítanse máis medios para a investigación da leucemia infantil. Despois, nuns recorridos adaptados ás idades do alumnado, as crianzas saen a correr. É importante destacar que a carreira non é competitiva.
Neste ano, aproveitando as datas nas que se celebra a carreira, cun marcado carácter festivo,
as crianzas correrán, se queren, cun gorro de nadal.