Aberto en Narón o prazo de inscrición en dous novos cursos na Aula Cemit de Xuvia

O Concello de Narón informa da apertura do prazo de inscrición en dous novos cursos que se impartirán a comezos do vindeiro ano nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia. “LibreOffice Impress” e “Internet/Intranet e correo electrónico” son, tal e como informou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, as dúas accións formativas.

As clases impartiranse en ambos casos do 9 ao 19 de xaneiro.

O curso de “LibreOffice Impress” ofrecerá ferramentas para crear e editar presentación multimedia. As clases serán en quenda de mañá, dende as 9:30 ata as 13:30 horas.

No que respecta ao curso de “Internet/intranet e correo electrónico”, para aprender a manexar estas redes e sevizos, desenvolverase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

As persoas interesadas en participar poden anotarse a través da plataforma Cemit, á que se accede dende o enlace: https://cemit.xunta.gal

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …