O local social do Alto acolle en Narón o “Torneo de Nadal de xadrez”

O concelleiro de Deportes do Concello de Narón, Ibán Santalla, presentou o evento xunto con Juan Manuel Caneiro, Luisa García e David Roca, presidente, vicepresidenta e vogal respectivamente do Círculo Xadrez Narón, o “Torneo de Nadal de xadrez” que se celebra este sábado 22 no local social do Alto.

Santalla indicou que aínda permanece aberto o prazo de inscrición, podendo facelo, de balde, ata este mesmo venres 22, ás 12:00 horas, a través do correo: torneocxn@gmail.com, ou do Facebook do club: https://www.facebook.com/ajedrez.naron, onde tamén están publicadas as bases da convocatoria.

Os representantes do club local indicaron que se trata dun evento dirixido a persoas de todas as idades, que non teñen que estar federadas nin pertencer a clubs de xadrez. Así mesmo, indicaron que “dende o club organizamos este torneo no marco do noso compromiso coa promoción do xadres, en colaboración co Concello de Narón”.

O torneo ten sete categorías: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14, absoluta, mellor xogador local e mellor
xogadora feminina do torneo. En cada unha delas, tal e como indicaron dende a organización, entregaranse trofeos aos primeiros clasificados e medallas a todos os participantes.

O torneo comezará ás 10:30 horas e xogaranse un total de nove partidas de dez minutos de reflexión por xogador e dous segundos de incremento por xogada en intervalos de media hora cun descanso para comer ás 14:00. Pola tarde retomarase ás 16:00 horas e a previsión é entregar os premios ás 17:30 horas.

A participación está limitada a un máximo de 80 persoas, tal e como indicaron dende o Círculo de Xadrez Narón.

O concelleiro de Deportes valorou o feito de que o club retome, despois de varios anos, este torneo, e animou á veciñanza a inscribirse no mesmo.

Lea también

Esteiro acoge el Torneo de Baloncesto de Veteranas Ciudad de Ferrol

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, presentó en la casa consistorial la segunda …