Finalización en Ares das obras no camiño de Gaspalleira

A concellaría de Urbanismo de Ares vén de informar que as obras de pavimentación do camiño de Gaspalleira a Maiobre foron concluídas a pasada semana.

Como parte das intervencións executadas, levouse a cabo a reparación do pavimento anterior, que presentaba un tratamento de triple rego en mal estado, mediante a aplicación dun tratamento de aglomerado asfáltico.

Ademais, ampliouse o ancho do camiño nalgunhas áreas, contribuíndo a mellorar o fluxo de tráfico e a comunicación interna entre os núcleos poboacionais conectados por esta vía.

A actuación de mellora da vía municipal requeriu un investimento total de 63.428,83 euros.

Este custo foi asumido mediante a colaboración da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que proporcionou unha axuda de 39.151 euros, e o propio Concello de Ares, que contribuíu con 24.277,83 euros.

Lea también

Neda entrega entre sus vecinos, packs de bolsas reutilizables de reciclaje

Alrededor de cincuenta hogares en Neda cuentan con los paquetes de bolsas de reciclaje, distribuidos …